domingo, 15 de mayo de 2011

A perdición

 Todos os amantes que afogaron a súa paixón coa caída da noite, ao averno irán. Non hai piedade para ninguén. Nin para os mortos nin para os vivos. Cadeas perpetuas acompañarán o seu corazón o resto das súas putrefactas vidas. As serpes que percorreran o seu corpo ata devoralo por completo serán a única mostra de vida que sentirán na súa estancia. Morte, morte e destrucción para todos. Para aqueles que acabaron coa vida doutras persoas por un trozo de carne, por aqueles que traizoaron á persoa que máis os amaba. Orfos, pais, ladróns, hipócritas, asasinos, xente sen rostro e con só un coitelo na man. Sangue por todas partes, derrochada e que cae lentamente polas rúas da perdición. Non haberá unha morte mellor para ninguén. Sufrimento para todos, atrapados no abismo da dor, nun castigo do que endexamais poderán escapar. Aqueles que cometeron os sete pecados capitais -gula, envexa, luxuría, pereza, ira, avaricia e soberbia - castigados serán a convivir coas bestas máis temibles dos 7 infernos. Agora só podedes suplicar ao demo que non condene as vosas almas, nun intento van de comprender a vosa desdichada vida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario