domingo, 27 de febrero de 2011

Sabor a desamor.

Íamos apertados moi forte, tan forte que podía escoitar os latexos do seu corazón. As súas palabras naquel intre non as esquecerei xamáis:
-Sabes? Todo o mundo pensa que por estar apertado cunha moza xa estamos saíndo.
-Xa...-dixen trémula- Pero eu non son coma as demáis. Sabes que eu faría todo o que estivera nas miñas mans por ti... Dame igual que teñas moza... Non me importa.
E nese intre exacto foi cando os seus beizos chocaron contra os meus, provocando un sinfín de emocións descoñecidas para min ata aquel momento. Nunca olvidarei como, mentres os nosos beizos permañecían unidos, os seus brazos rodeaban a miña cadeira, e a súa alma fundíase coa miña naquel momento perfecto.
Pero cando se separou de min, notei algo que me deu un volco ao corazón. Non era un bico como o meu... estaba cuberto dun amor non correspondido, mostrándome que nunca conseguiría o seu amor. Notei que os ollos me choraban... non sei se polas emocións ou por un amor que nunca sería correspondido. Acercouse lentamente ata que os seus beizos rozaban o meu oído, e entón pronunciou as palabras que me rematarían:
-Síntoo, mais teño moza. (U)
E mentres os seus brazos desprendíanse lentamente da miña cintura, as bágoas percorrían as miñas meixelas, deixando no meu corpo unha mezcla de vergoña e tristeza. Nunca sentira nada igual. Marchei correndo, sen que el tivera tempo de despedirse. Non quería saber nada máis del, só quería correr e olvidalo todo.
Busquei noutros bicos, unha sensación tan fermosa como a que el me provocou, e sen embargo, ningún puido compararse con aquel bico con sabor a desamor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario